Queres que os contidos da túa publicación teñan consistencia e sigan os estándares internacionais do teu campo de coñecemento?
Chegaches ao lugar indicado!
En Glaux temos unha dilatada experiencia na edición dixital de múltiples tipos de contidos, incluíndo artigos de investigación, revistas académicas e monografías.
Podemos axudarche en cuestións tan importantes como a automatización de procesos, o deseño da arquitectura de contidos, o deseño e maquetación da túa cabeceira ou a etiquetaxe da bibliografía en XML, entre outras.
Así mesmo, se o desexas, tamén poñemos á túa disposición o noso servizo de tradución de artigos científicos a diversos idiomas (castelán, galego, catalán, eúscaro, inglés, francés, alemán, italiano…).
Todo iso asegurándonos non só de cumprir cos estándares de calidade que esixe a normativa europea, senón tamén instaurando controis de calidade propios en cada unha das fases dos nosos procesos e servizos.