O teu. Si, queremos formar parte do teu equipo. E para iso poñemos á túa disposición todos os profesionais que necesitas: editores, correctores de estilo e ortotipográficos, maquetadores, deseñadores, programadores, técnicos en indexación, expertos en xestión de calidade… Todos eles con acreditada experiencia e titulación.
Con todo, o membro máis importante deste equipo es ti. Porque sen ti a nosa filosofía de empresa non tería sentido. Máis concretamente, sen ti non poderiamos despregar todo o noso coñecemento para crear, contigo, as solucións que mellor se adecuen a ti e ás túas publicacións académicas. Noutras palabras: nós somos o apoio e o reforzo que necesitas para darlle un impulso ás túas cabeceiras.
Somos conscientes dos retos que supón a edición dixital. É máis, sabemos que estas dúas palabras unidas, “edición” e “dixital”, non sempre se levan ben. Podes ter competencias en ambas ou só nunha delas; sexa como for, nós podemos axudarche. Somos a mellor ponte de comunicación entre editores e enxeñeiros informáticos, posto que falamos as dúas linguaxes á perfección.
Así mesmo, somos coñecedores da sobrecarga laboral dos editores de publicacións académicas que, en moitas ocasións, son tamén investigadores, autores, docentes… Nós podemos facilitarche a xestión editorial para que te poidas centrar no que de verdade importa: a ciencia.
Queres que formemos parte do teu equipo?