Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ou no dispositivo que utilice (smartphone, tableta, televisión conectada…) ao acceder a determinadas páxinas web ou aplicacións. As cookies permiten, entre outras cousas, recompilar información estatística, facilitar certas funcionalidades técnicas e almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación ou preferencias dun usuario ou do seu equipo. Ademais, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario. Unha cookie almacénase nun ordenador co fin de identificar o navegador mentres interacciona coas nosas webs ou aplicacións. Un sitio web pode establecer unha cookie no navegador se as preferencias deste o permiten. Un navegador soamente permite que un sitio web acceda ás cookies que este establece, non ás que establecen outros sitios web.
Cookies propias: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado polo usuario.
Cookies de terceiros: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.
Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web.
Cookies persistentes: son un tipo de cookies no que os datos seguen almacenados no terminal e poden ser consultados e tratados durante un período definido polo responsable da cookie, que pode ir duns minutos a varios anos.
Cookies técnicas: son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.
Cookies de personalización: son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como, por exemplo, o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, etc.
Cookies de análise: son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.
Cookies publicitarias: son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado con base en criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.
Cookies de publicidade comportamental: son aquelas que permiten a xestión dos espazos publicitarios que o editor incluíse nunha páxina web. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función deste.
En Glaux Publicacións Académicas S.L.U. tan só empregamos cookies técnicas e de personalización. O emprego deste tipo de cookies ofrece diversas vantaxes na prestación dos nosos servizos:
Facilítalle a navegación e o acceso aos diferentes servizos que ofrece este sitio web.
Evítalle ter que configurar as características xerais predefinidas cada vez que accede á páxina.
Favorece a mellora do funcionamento e dos servizos prestados a través desta web, tras a correspondente análise da información obtida a través das cookies instaladas.
Concretamente, as cookies que utilizamos son as seguintes:
a) Técnicas:
elementor: utilízase en relación co tema de deseño da web. A cookie permite ao propietario do sitio web implementar ou cambiar o contido do sitio web en tempo real.
wpEmojiSettingsSupports: cookie propia de WordPress que se utiliza para determinar se o navegador do usuario pode mostrar emojis correctamente.
b) De personalización:
pll_language: cookie propia do complemento Polylang que se utiliza para lembrar o idioma seleccionado polo usuario ao volver visitar o sitio web e para obter a información do idioma cando non está dispoñible doutro xeito.
Glaux Publicacións Académicas S.L.U. non emprega, en ningún caso, cookies doutros tipos. En especial, non fai uso de cookies de análise nin de ningún tipo de publicitarias. Aínda que revisamos a nosa páxina periodicamente, pode ser que a listaxe de cookies non estea totalmente actualizada. Se detecta calquera omisión pola nosa banda ou quere facernos algunha pregunta sobre as cookies que se instalan a través deste sitio web, non dubide en contactar connosco.
Informámolo/a, de conformidade coa lei que regula o uso de cookies en relación á prestación de servizos da sociedade da información (Lei 34/2002, do 11 de xullo), de que (i) o usuario dá o seu consentimento para poder utilizalas se modifica a configuración do seu navegador deshabilitando as restricións que impiden a entrada de cookies e (ii) que o referido consentimento non será preciso para a instalación daquelas cookies que sexan estritamente necesarias para a prestación dun servizo expresamente solicitado polo usuario.
Pode configurar en calquera momento as cookies que quere que funcionen neste sitio web mediante a configuración do seu navegador ou dispositivo.