Podes contactar con nós empregando o formulario nesta web, solicitalo por e-mail ou por teléfono.
XML JATS foi desenvolvido tendo en conta as publicacións periódicas e as revistas.
XML BITS é a versión de XML JATS adaptada para libros ou monografías.
Seguir un fluxo de traballo dixital permite integrar o contido XML en calquera fase do proceso editorial.
Os fluxos de traballo máis comúns son:
XML-Primeiro, no que a captura de datos se realiza tan pronto como o manuscrito pasa polo proceso de avaliación por pares.
XML-Último, que implica capturar contido desde PDF que completaron todas as fases do fluxo de traballo editorial antes da produción. Este é o método máis común para capturar publicacións máis antigas dixitalizándoas desde PDF.
Do mesmo manuscrito, podemos xerar catro entregables: un PDF listo para imprimir (prueba), XML, HTML e ePub. Pero tamén podemos xerar outros entregables, como extraer metadatos para follas de cálculo de Excel.
A vantaxe de traballar con XML é que se pode converter a calquera outro formato usando scripts sinxelos en XSLT e XPATH.