A revista Unicum creouse co obxectivo de dar visibilidade ás actividades formativas e ás experiencias levadas a cabo no eido da conservación e restauración do patrimonio cultural no ESCRBCC. Ao mesmo tempo, concíbese como un espazo aberto á colaboración, no que os profesionais do sector poden compartir e difundir novas achegas, investigacións e reflexións sobre esta disciplina.
Para avanzar nestes obxectivos e axudar a dar forma á profesión cara a unha orientación máis técnica e científica, o ESCRBCC requiriu unha plataforma web aberta na que publicar o contido da revista Unicum.
O desafío
A edición impresa orixinal da revista Unicum presenta un deseño de alta calidade, que tamén é moi eficaz á hora de presentar o seu contido. O principal desafío do proxecto foi, polo tanto, traducir este estilo visual á web, aproveitando ao máximo o potencial que ofrece o entorno dixital e a plataforma OJS empregada no seu desenvolvemento.
Sin perder de vista que se trata de una publicación académica, el diseño debía resaltar el alto componente estético de los bienes culturales que aparecen en sus páginas.
Solución
Realizouse unha análise dos artigos publicados en anos anteriores, seleccionando os elementos máis característicos da cabeceira da publicación para empregalos como base para o deseño de OJS.